Xeado de Quefir

5 minutos preparación. Total 4 horas
Sinxela
Ingredientes:
- Quefir Kalekoi
- Cunca de anacardios ou améndoas torradas sen sal
- 1/2 cunca de mel ou xarope de arce
- 1/2 cunca de leite
- Extracto de vainilla
- Pizca de sal
Aquí tedes a nosa versión de xeado de quefir. Personalízao cos teus ingredientes favoritos, como anacos de froita, chocolate relado ou mesmo un pouco de canela. E a desfrutar deste delicioso e saudable xeado caseiro
- Remolla os anacardios en auga quente durante aproximadamente 1 hora para abrandalos
- Escorre e enxuga os anacardios remollados e colócaos nunha licuadora
- Agrega o quéfir, o leite, o mel ou xaro de arce, o extracto de vainilla e o chisco de sal á licuadora
- Verte a mestura nun recipiente apto para conxelador
- Colócao no conxelador ata que estea firme e cada hora, durante as primerias 3 horas, saca o xeado do conxelador e revólveo para romper os cristais de xeo e obter unha textura máis suave
- Unha vez que o xeado estea completamente conxelado e firme, estará listo para servir











