Biscoito de iogur e plátano

15 MIN
Sinxela
Ingredientes:
(Para 9 uds.)
- 190 g de plátano maduro (2 uds.)
- 175 g de iogur A2 Kalekoi
- 150 g de mix de fariña SG
- 5 g de fermento
- Canela
Aquí vos deixamos unha deliciosa receita de biscoito de iogur e plátano da nosa querdia Lidia de @lidiafrutassingluten. Se queredes podedes vela tamén no insta
- Triturar o iogur e o plátano.
- Engadir a fariña e o fermento tamizados.
- Engadir canela ao gusto.
- Introducir a mestura nun molde de silicona.
- Cociñar ao microondas (a máxima potencia) durante 12 min, en 3 intervalos de 4 min.
- Retirar e deixar arrefriar sobre unha reixa.











