Minitartaletas de granola

30 MINS
Media
Ingredientes:
- Iogur natural Kalekói
- 1 cunca de granola
- 1/4 cunca de mel
- 2 culleres de aceite de coco
- Froitas frescas (opcional)
Aquí tedes esta fantástica receita perfecta para unha super merenda 😊 👉Mini tartaletas de granola ➕ toda a cremosidade do iogur natural #KALEKOI 🍶
- Prequentar o forno a 180º
- Nunha cunca mediana, mesturar a granola, o mel e o aceite de coco.
- Colocar unha cullerada da mestura de granola en cada molde e presionar cara abaixo para formar unha base sólida.
- Enfornar durante 10-12 minutos.
- Esperar 5 minutos e desmoldar.
- Cando estean frías, encher cada unha con iogur Kalekói e decorar con froitas frescas











