Crema fría de cogombro

10 MINS

Sinxela

Ingredientes:

  • 2 iogures naturais Kalekói (250gr)
  • 4 cogombros
  • 1 dente de allo
  • AOVE
  • Sal

Se estades a pensar en facer unha receita para eses días de calor, traémosvos unha proposta riquísima e fresquiña 😎 Animádesvos?

  • Lava e pela os cogombros deixando algo verde para darlle máis cor á crema.
  • Trocea os cogombros e ao vaso do batedor elétrico.
  • engade tamén os iogures, o allo, o aceite e o sal.
  • Tritura á máxima potencia ata que quede unha textura líquida.
  • Garda na nevera para servir ben fresquiña.