Crema de cabaza e iogur

30 MINS
Media
Ingredientes:
- Cunca de Kalekoi
- 1kg de Cabaza pelada e cortada
- 2 cenorias peladas e cortadas
- 2 patacas peladas e cortadas
- 2 dentes de allo
- xenxibre fresco relado + comiño en po
- sal e pementa
- 4 cuncas caldo de verduras
- aceite de oliva virxe extra
Traemos recetaza reconfortante para os días fríos ❄️🤗 Esta crema non só é deliciosa, senón que o iogur agrega unha suavidade única e un toque refrescante que equilibra perfectamente a dozura da cabaza. A desfrutaaaaar! 😋
- Pela e pica todos os ingredientes.
- Nunha pota grande, engade a cebola, o allo e o xensibre, e saltea. Logo agrega a cabaza, as cenorias e as patacas. Cociña por uns minutos.
- Agrega o comiño en po, sal e pementa ao gusto. Revolve para que as verduras se impregnen coas especias.
- Verte o caldo de verduras na pota e leva a ebullidción. Reduce o lume e cociña a lume lento ata que as verduras estean tenras.
- Cun bateador, mestura ata obter unha consistenciasuave e cremosa
- Vove a colocar a crema na pota e mestura o iogur. Revolve ben ata que estea completamente incorporado. Quenta a crema a lume lento.











