Sobre Nós

100% Rural

De Rodeiro, con ADN 100% rural e galego, en Kalekoi seguimos a tradición que empezaron os nosos avós en 1974.

Somos pequenos e orgullosos productores que defenden o auténtico e sinxelo, sen perder o contacto coa natureza.
O noso sabor único non ten trucos, só traballo e respecto pola orixe e a tradición.

As Nosas Terras

Galegos orgullosos, temos sempre presente a conexión coas nosas raíces e coa tradición que empezamos na nosa gandería familiar fai xa tres xeracións. Loitamos cada día para recuperar o valor que tiveron sempre as aldeas e os pobos galegos, reivindicando outro estilo de vida: o das granxas de toda a vida.

AS NOSAS Vacas

As nosas vacas son as mimadas da casa. Vémolas nacer e coidamos delas ao detalle: desde a súa alimentación ata o seu día a día. Elas son un máis da familia e o seu benestar sempre é o máis importante. Por iso, as nosas vacas son libres de decidir onde pastar cada día, nun terreo de 40 hectáreas.

A Nosa Receita

Unha receita única herdada dos nosos avós e que leva só o que debería levar un iogur natural: leite e fermentos. Nin máis nin menos. Sen desnatar o leite e respectando cada parte do proceso, para obter un sabor auténtico e natural, como o noso leite.